Tramitación de la acreditación del personal Técnico o Auxiliar de Farmacia



Referencia normativa. Orde de 6 de xullo de 2011, pola que se regula a asistencia ao farmacéutico na dispensa de medicamentos e produtos sanitarios suxeitos a receita médica polo persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na oficina de farmacia.

PASOS PARA A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN

Solicitude de acceso ao sistema de receita electrónica (alta)

1. Será o farmacéutico titular quen solicitará o acceso ao sistema de receita electrónica do persoal técnico ou auxiliar que presta servizos na súa farmacia, só naqueles casos nos que o considere oportuno e necesario para o correcto desenvolvemento da dinámica de traballo na oficina. Para isto utilizará o formulario anexo, marcando que se trata dunha alta.

2. A solicitude deberá ser presentada na Xefatura Territorial correspondente á súa provincia, na sección de Ordenación Farmacéutica do servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria, xunto con copia compulsada dos títulos correspondentes ao persoal auxiliar que pretende ser acreditado.
• Título de técnico en farmacia ou parafarmacia regulado no Real decreto 1689/2007, do 14 de decembro.
• Acreditación de competencia profesional adquirida por experiencia laboral, expedida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
• Título diploma de auxiliar, debidamente recoñecido polo Consello Xeral de Farmacéuticos.

3. A Xefatura Territorial estudará a documentación achegada, comprobando que se cumpren os requisitos establecidos na citada Orde de 6 de xullo de 2011, pudendo requirir a documentación ou aclaracións necesarias para garantir que os datos da solicitude son correctos así como que a titulación dos interesados é a pertinente. Cando finalmente os requisitos establecidos se cumpran, procederá á validación da solicitude.

4. Unha vez validada a solicitude, a Xefatura Territorial, remitiraa por FAX (881542854) ou correo ordinario, á subdirección xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento quen, unha vez analizada, a remitirá á subdirección xeral de Sistemas e Tecnoloxías de Información, que procederá a habilitar o acceso ao sistema de receita electrónica para o persoal solicitado. Unha vez habilitada a alta, a Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento Edificio Administrativo San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542726 - Fax: 881542728 www.sergas.es comunicarallo por correo electrónico tanto á Xefatura Territorial como ao titular que o solicitara, así como ao interesado.

5. Para iniciar o acceso ao sistema de receita electrónica, será indispensable que o persoal técnico ou auxiliar conte cunha tarxeta identificativa, cun certificado electrónico de clase 2 emitido por unha entidade certificadora prestadora de servizos de certificación que cumpra os requisitos establecidos no Decreto 206/2008, do 28 de agosto, de receita electrónica, en canto á comprobación da identidade e demais circunstancias dos/as solicitantes e á fiabilidade e as garantías dos servizos de certificación que presten.

Formulario Solicitud

Tramitación de acreditación

Leer el DOGA

Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si utilizas este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies. Más información